Amarillo atlántico

Director: Carla Andrade
Ano: 2022
Duración: 14' min
Xénero: Experimental
Sinopse:

“Amarillo atlántico” é o nome da variedade única de granito da Serra da Groba, situada ao longo da costa máis meridional e rectilínea de Galicia e lugar de paso de camiños iniciáticos desde a cultura sumeria. Pola súa riqueza e descoñecemento, constitúe un gran libro de pedra no que se ocultan sabedorías ancestrais e poderosas forzas cosmo-telúricas que permaneceron no proceso cultural como residualidades do rústico, resistindo á división ortodoxia - idolatría.

Proxeccións:

Mércores 6 de setembro de 2023
-19:30 Auditorio do MARCO (Príncipe 54)

Venres 8 de setembro de 2023
-19:00 Auditorio Municipal do Concello de Vigo (Praza do Rei)