A fábrica de nada

Director: Pedro Pinho
Ano: 2017
Duración: 177 min
Xénero: Musical / Drama

Unha noite, un grupo de traballadores dáse conta de que a administración está roubando maquinaria e materiais da súa propia fábrica. Cando se preparan para organizar o equipo e a produción, obrígaselles a non facer nada, como represalia, mentres as negociacións para o seu despedimento están en marcha. A presión desencadea unha revolta entre os traballadores, o que afectará a todo o que lles rodea.

Premios e nominacións:

Festival de Cannes:
  • Premio FIPRESCI – Quincena de los realizadores.
Festival de Mar del Plata:
  • Selección oficial longametraxes a concurso.
Premios Fénix:
  • Mellor montaxe.
Festival de Sevilla:
  • Mellor película.

Proxección:

SÁBADO 12, ás 22:00 no Auditorio Municipal do Concello de Vigo.