Festa dos Videoclips

A noite do sábado 4 de maio proxectaranse os videoclips que compiten por un premio do público na sección oficial. É este un evento que o Primavera do Cine leva organizando dende a súa primeira edición, presumindo da calidade das pezas proxectadas e da enorme acollida que tiveron por parte do público. 

Un ano máis, o festival ofrece unha selección de vídeos que resumen o actual panorama musical galego reflectindo a súa variedade de rexistros musicais e os diversos procedementos que posúe a linguaxe audiovisual para representalos. Todo isto nun ambente distendido, que rematará cun “fin de festa” infestado de nocturnidade e aleivosía.

 

Basanta – Gris

Xaime Miranda
 

Cloaca – Cloaca inmunda

Xosé Bento Veloso Abad
 

Ezetarre (feat. High Paw) – Pólvora e tormenta

Jual Pirola - La Gleyzer Films e Santa Guerrilla
 

Igloo – G7

Lara Isabel Gómez
 

La Pegatina (feat. Macaco) – Ahora o nunca

Warner Music Spain e Manu Viqueira
 

Os putos – Absenta

Fernando Cameselle
 

Purila Sniper – Desphase

Carlos Martínez-Peñalver Mas
 

Robot humano – 3n m1 lug4r

Carlos A. Quirós
 

Son trío – Un día

Victorino Freire
 

The Soul Jacket – Rainbow Pills

Pablo Vázquez e Denis Carballás
 

Voltaica – Poland

David Hernández
 

Vudú – Corasón

Juanpa Ameneiros
 

Xoana – Mártires

Andreia Táboas

Evento

Festa dos Videoclips

Sábado 4 de maio / 21.00h
ESPACIO MAHOU MERCADO PROGRESO 41.