IX Encontros Arraianos de Cinema

Os Encontros Arraianos de Cinema nacen no ano 2016 co obxectivo de promover a creación de redes de colaboración e intercambio entre Cineclubes e Festivais de cine de Galicia e Norte de Portugal, España e Brasil, contribuir a difundir a identidade arraiana e estimular o diálogo cultural e por enriba das fronteiras.

Promovidos polo Festival Internacional de Cine Rural de Galicia “Carlos Velo”, Arrianos Producións e AO NORTE, nos Encontros Arraianos de Cinema colaboran xa numerosos cineclubes e festivais, axentes públicos e privados, universidades, productoras e outros colectivos de Galicia, Norte de Portugal e Brasil, que participaron na última xuntanza desta rede en Melgaço, dentro do Festival Filmes do Homem.

Os IX Encontros Arraianos do Cinema vanse celebrar en colaboración co Festival Primavera do Cine, que este ano acolle unha xuntanza no salón de actos do Instituto Camões de Vigo, o 30 de abril, onde van estar representantes representantes dos cineclubes, festivais de cinema e as universidades que levan xa un par de anos traballando na desfronteirización con “insistencia arraiana”.

Os IX Encontros Arraianos de Cinema procurarán o intercambio de materiais de traballo a través dunha posta en común co obxectivo de chegar a propostas colaborativas concretas. Por exemplo, a creación dunha base de datos que contemple institucións e eventos relacionados coa cultura arraiana ou a posibilidade de presentar unha candidatura conxunta para a consecución de fondos europeos interrexionais.

Evento

IX Encontros Arraianos de Cinema

Martes 30 de abril / 11.00h.

AUDITORIO DO INSTITUTO CAMÕES