Dores
Apenas ninguén sabe que en Galicia existiron campos de concentración durante o franquismo. Dores trata sobre o descoñecemento da nosa propia historia e da necesidade de falar sobre cuestións coma estas para que non rematen sepultadas e condenadas ao olvido unha vez máis. Os protagonistas deste documental están todos unidos por historias de esquecemento do pasado máis recente de España. Así, Emma -unha antiga guía da Illa de San Simón-, Mariano Jabonero -fillo dun preso republicano-, Susana Sánchez -escritora de Seique e sobriña dun activo represor franquista- e Tino Cordal -sobriño dun paseado durante a ditadura-, guiarán ao espectador a través dun percorrido pola historia máis recente do país, dende o golpe de estado franquista ata as últimas consecuencias que aínda seguen latentes hoxe en día.
· Mércores 8 de setembro
18:00 Auditorio do MARCO (Príncipe 54)
· Venres 10 de setembro
19:30 Auditorio do MARCO (Príncipe 54)
· Sábado 11 de setembro
18:00 Auditorio Municipal do Concello de Vigo (Praza do Rei)