Bostofrio

Director: Paulo Carneiro
Ano: 2018
Duración: 70 min
Xénero: Documental
Sinopse:

Nunha aldea remota do interior de Portugal, un novo cineasta rompe a lei do silencio para desenterrar a historia dos seus avós. Domingos Espada nunca recoñeceu ao proxenitor de Paulo Carneiro. A relación que o primeiro mantiña co fillo e Profetina, a avoa do realizador, atópase envolvida por unha néboa de inmensas dúbidas que só poden ser despexadas por aquelas xentes que os coñeceron.
A pequena aldea que se presenta en Bostofrio funciona como punto de encontro de varias dualidades: o ceo e a terra, o pasado e o presente, e a severidade e a delicadeza. A natureza desconfiada e con todo amable das súas xentes aparece destacada ao longo desta ópera prima que Carneiro —colaborador habitual de João Viana— realiza con evidente agarimo, mentres o acompañamos na súa investigación. O mozo recorre á historia oral como recurso para coñecer un pasado que non aparece nas fontes escritas e que non se alonxa moito da realidade do noso país. Para captar a esencia da aldea, do relato e das súas xentes, o cineasta utiliza principalmente planos fixos observacionales de longa duración, que transmiten esa historia oral.

Proxeccións:

· Xoves 17 de setembro ás 20:00
Auditorio Municipal do Concello de Vigo (Praza do Rei)