Seminario de interpretación

O MÉTODO 'MORRIS'

O actor vigués Antonio Durán “Morris” impartirá un obradoiro sobre interpretación dentro do programa da nova edición do festival Primavera do Cine en Vigo.

Cunha longa experiencia interpretativa en teatro, é un dos profesionais máis coñecidos das producións televisivas galegas. Actor e presentador en diversos programas da TVG desde os seus inicios a mediados dos 80, popularizouse co papel de Antón en Pratos combinados e anos máis tarde como o alcalde de Padre Casares. Participou tamén en teleseries de Tele 5 e Antena 3 e nalgunhas das longametraxes de maior sona rodadas en Galicia. Ten traballado en dúas ducias de obras de teatro desde 1978, especialmente en montaxes do CDG e da compañía Artello, da que foi cofundador. En 2011 participou na obra O florido pénsil.

Premios e recoñecementos:

Premio ao mellor actor secundario por O partido nos Premios Mestre Mateo 2006.
Premio á mellor interpretación masculina protagonista por Doentes nos Premios Mestre Mateo 2011.
Premio de Honra Pedigree ’11 no IX Festival de Cans (2012).
Premio ao mellor actor secundario por Dhogs nos Premios Mestre Mateo 2018.

Inscrición

Seminario de interpretación

O Método Morris
Interpretación autodidacta

Antonio Durán “Morris”
Sábado, 4 de maio do 2018
De 11.00 a 13.00
Auditorio do Concello de Vigo

* As prazas asignaranse por orde de inscrición ata completar a cabida.