O Filme da Minha Vida

Director: Selton Mello
Ano: 2017
Duración: 113 min
Xénero: Drama, Anos 60
Sinopse:

Sur de Brasil, en 1963. Tony (Johnny Massaro), fillo dun francés e unha brasileira, é un mozo namorado do cinema e a poesía que, tras graduarse na universidade, volve á súa pequena cidade natal no Brasil rural para descubrir que o seu pai (Vincent Cassel) regresou a Francia para sempre. Tony busca entón a compañía dos amigos do seu pai, en busca de información dun modelo de home perdido. Convértese en mestre de escola e unha figura protectora para os nenos, nun intento de proporcionarlles algo do que el mesmo carece. Unha serie de acontecementos lévanlle a un sorprendente desenlace sobre o paradoiro do seu pai e as verdadeiras razóns polas que se marchou.

Premios:
  • Mellor Filme no Bogota Film Festival (2018)
  • Mellor Música Orixinal no Cinema Brazil Grand Prize (2018)
  • Mellor Filme Internacional no Lima Latin American Film Festival (2018)
Proxeccións:

Cinema nos Barrios
Venres, 26 de abril ás 21:30h
Teixugueiras 16-20, Navia