Narrativas de um Crime

Director: Alison Zago
Ano: 2018
Duración: 15 min
Xénero: Ficción
Sinopse:

Constantin traballa como detective da policía, pero soña con ser escritor e sempre está a perseguir a súa seguinte historia. Paulo é un policía con problemas de ira que regresa dun período de suspensión. As diferentes perspectivas de Constantin e Paulo chocan cando se atopan na escena do crime, e o seu conflito coquetea coa traxedia, revelando unha realidade chea de ironías, bágoas e sangue.

Premios:
  • Mellor Curtametraxe e Mellor Director no Curta Sao Thomé (Brasil)
  • Mención Especial do Xurado - Best Short Film & Best Direction no Short of the Year (España)
Proxeccións:

30 de abril ás 19:30h
Instituto Camões - Centro Cultural Portugués (Casa Arines, Praça Tenente Almeida, s/n, Vigo)