La felicidad de los perros
César é un home en paro de 40 anos. Está casado con Sara e teñen unha filla de dous anos. Xa hai tempo que Sara é quen mantén economicamente a familia co seu soldo de perruqueira e trata de apoiar a César para sacalo da súa rutineira vida. Pero algo acontece no interior de César que o levará a mudar o rumbo de vida.
O filme comeza cun can que goza xogando na praia recollendo un pau que alguén lle lanza decontino. Fronte a el está César, o protagonista, que se sente atrapado por unha vida que o oprime. Ata que un día decide fuxir. Así comeza a odisea, fotografada nun fermoso e elegante branco e negro, dun home sen futuro nin esperanza, que se aferra a un pasado que xa non existe e fuxe dun presente que aborrece. Na liña dos meirandes cineastas minimalistas, como Robert Bresson, o director opta pola sobriedade narrativa e a contención formal para plasmar un mundo gris e desalentador que acaba alienando o ser humano.
3 de maio ás 20:30
Auditorio Municipal do Concello (Praza do Rei s/n, Vigo)