Ferrugem

Director: Aly Muritiba
Ano: 2018
Duración: 105 min
Xénero: Drama
Sinopse:

A pesar de que Tatiana e Renet intercambiaban fotos, vídeos e música a través dos seus teléfonos móbiles, comezan a establecer contacto visual na última viaxe escolar. Con todo, o que podería ser o comezo dunha fermosa historia de amor, parece chegar ao seu fin logo de que a moza perda o móbil e se viralice un vídeo explícito gravado coa súa anterior parella.

O brasileiro Aly Muritiba expón un drama de argumento devastador sobre as consecuencias que pode carrexar un uso inmaturo das redes sociais e dos medios dixitais. Xunto ao director de fotografía Rui Poças, Muritiba manexa unha paleta de cores e unha riqueza estética que lle dan ao seu filme un elemento de pracer extra que transcende unha trama que acada o que procura: retratar unha mocidade en crise que por momentos parece incapaz de saber manexar os límites entre o real e o virtual. Un filme magníficamente realizado e interpretado que de seguro provocará un san e necesario debate.

Proxeccións:

4 de maio ás 22:30
Auditorio Municipal do Concello (Praza do Rei s/n, Vigo)