Deslembro

Director: Flavia F. Castro
Ano: 2018
Duración: 96 min
Xénero: Drama
Sinopse:

A mente da adolescente Joana nútrese de literatura e de rock. En 1979, vivindo coa súa familia en París, promúlgase unha lei de amnistía en Brasil. Dun día para outro e en contra da súa vontade, regresa a un país que apenas coñece. En Río de Xaneiro, a cidade onde naceu e onde desapareceu o seu pai, rexorde o seu pasado. Non todo é real, non todo é imaxinación, pero ao lembrar, Joana inscribe a súa propia historia no presente, en primeira persoa.

Coma se construíse un relato autobiográfico —e aínda que non o é exactamente—, Castro vai debuxando unha bela historia que se asemella a moitas pero que é tan singular como ningunha. Joana é filla dun pai desaparecido pola ditadura brasileira, e o desexilio, que se lle impón xusto na metade da súa adolescencia, conéctaa con ese pasado cuxa memoria foi borrada polo tempo, a imaxinación e a información fragmentada. Un relato de iniciación á vez poético e político, entrañable e necesario.

Proxeccións:

4 de maio ás 18:30
Auditorio Municipal do Concello (Praza do Rei s/n, Vigo)