Chuva é cantoria na aldeia dos mortos (The dead and the others)

Director: João Salaviza, Renée Nader Messora
Ano: 2018
Duración: 114 min
Xénero: Drama
Sinopse:

Cando os vivos dormen o bosque esperta. Ihjãc, un mozo indíxena Krahô que vive no norte de Brasil, ten pesadelos desde que perdeu ao seu pai. Camiña na escuridade, o seu corpo suorento móvese con cautela. Cando escoita unha canción distante a través das palmeiras, é a voz do seu pai desaparecido que chama ao seu fillo desde a fervenza, pois chegou o momento de organizar a cerimonia fúnebre que conclúe o dó e que permitirá ao seu espírito acadar a comunidade dos mortos. Ihjãc decide fuxir á cidade para escapar do seu destino de converterse en chamán. Lonxe da súa xente e a súa cultura, terá que enfrontarse á súa realidade: a de ser un aborixe no Brasil de hoxe. Este filme fermoso, honesto e respectuoso, ganador da sección Un certain regard do Festival de Cannes, funciona tanto a nivel de documento sobre a vida dos últimos pobos indíxenas que manteñen os seus costumes, como no seu sinxelo ao tempo que conmovedor relato ficcional.

Proxeccións:

3 de maio ás 22:30
Auditorio Municipal do Concello (Praza do Rei s/n, Vigo)