Alva
Despois de cometer un crime, un home emprende a fuxida a través do bosque. Rodada nas terras altas de Portugal, en 16 mm, a película segue a Henrique, un home solitario que foxe da súa vida e do mundo.
Estreado na competición Bright Future do Festival de Róterdam, a primeira longametraxe do cineasta lisboeta Ico Costa é un fascinante exercicio de inmersión na soidade e o desterro nas montañas dun home tras tomar a peor e máis irracional das decisións. Mantendo como eixo central a inmensa interpretación do seu protagonista, un intenso e atormentado Henrique Bonacho, Alva emerxe como unha pequena xoia de —tan só— aparente simplicidade que segue a liña do mellor cinema minimalista. Ico Costa, co soporte fotográfico de Hugo Azevedo, e a presenza dunha traballada banda sonora centrada nos ruídos da propia natureza na que se integra o personaxe, consegue dotar á película dun ritmo hipnótico á altura dos grandes thrillers.
2 de maio ás 20:30
Auditorio Municipal do Concello (Praza do Rei s/n, Vigo)