Café con Crea

Encontro entre público e cineastas moderado por membros da Asociación de Profesionais da Dirección e a Realización de Galicia para conversar sobre o presente e o futuro do sector e sobre as posibles sinerxias entre o cinema do noso país e o da lusofonía. Todo isto nun ambiente relaxado e informal, cun café Candelas ben quentiño entre as mans.

Sabemos que ti tamén tes moito que dicir, achégate a tomar un café connosco!

Evento

Café con Crea

Sábado 4 de maio / 16.00h

AUDITORIO DO INSTITUTO CAMÕES