Bailando as rúas

Director: Alfonso Zarauza
Ano: 2017
Duración: 04:18 min
Xénero: Folk galego

A banda da Loba, integrada por cinco mulleres que decidiron unir as súas traxectorias individuais para dar voz a este novo proxecto, destaca a creación dun repertorio propio baseado tanto en letras da súa autoría como en musicalizacións de poetas célebres ou outros textos tomados dos poemarios de escritoras contemporáneas como Rosalía Fernández Rial ou Celia Parra.

Todo isto, baixo un estilo ecléctico e heteroxéneo que bebe do rock, do pop, do folk… e fai do seu repertorio un fantástico caleidoscopio musical.

 

Proxección:

Venres, 11 de Maio, ás 22:00h no Espazo Mahou do Progreso 41 dentro da chamada “Festa dos Videoclips“.