Isla Futura
O rapsoda Marcos de la Fuente e o produtor 2pas0s presentan este novo proxecto musical de spoken word sobre instrumentais ambient, downtempo e trip hop, acompañadas coa trompeta de Javi GDjazz, o saxo e sintetizadores de David Fermoselhe, o baixo do francés Pierre Chauvency e as voces de Lua de Sant. Xuntos forman PÓLVORA, unha banda de música electrónica que fusiona o orgánico e o analóxico co dixital, e cuxo son bebe doutras formacións da súa cidade como Golpes Baixos, B-Frecha e Estereocéano ou grupos como Massive Attack, Bonobo ou Kate Tempest.
Proxección:
Venres, 11 de Maio, ás 22:00h no Espazo Mahou do Progreso 41 dentro da chamada “Festa dos Videoclips“.