Festa dos Videoclips

A noite do venres volve estar reservada á proxección dos videoclips que compiten por un premio do público na sección oficial. É este un evento que o Primavera do Cine leva organizando dende a súa primeira edición, presumindo da calidade das pezas proxectadas e da enorme acollida que tiveron por parte do público. 

Un ano máis, o festival ofrece unha selección de vídeos que resumen o actual panorama musical galego reflectindo a súa variedade de rexistros musicais e os diversos procedementos que posúe a linguaxe audiovisual para representalos. Todo isto nun ambente distendido, que rematará cun “fin de festa” infestado de nocturnidade e aleivosía.

Evento

Festa dos Videoclips

Venres 11 de maio / 22.00h
ESPACIO MAHOU MERCADO PROGRESO 41.