Cine Miúdo

Caspervek Trío é unha agrupación musical formada en Vigo no ano 2013 que trata de achegar a música a
diversas disciplinas artísticas conxugando elementos visuais e sonoros. Unha das súas facetas principais é a composición en directo de películas clásicas do cine mudo, así como proxectos de creación audiovisual contemporánea e concertos didácticos.

No Primavera do Cine, regresan unha vez máis coa súa actividade “Cine Miúdo”: un concerto didáctico dirixido a nenos en idade escolar comprendida entre infantil e primaria.

BLOQUE 1: O CINE E A MÚSICA

Explicaranse algunhas das funcións que cumpre a música no cine: localizador espacio-temporal e a súa
capacidade enfatizadora da acción. Despois da proxección de fragmentos de 20 segundos de diversos filmes: O Rei León, Iron Man, Cincenta, Superman… interpretaranse diversas melodías para que os nenos procuren acertar que fragmento musical coincide con cada fragmento cinematográfico.

O grupo interpretará, xunto á proxección, un fragmento de tres minutos do comezo de Indiana Jones e o Templo Maldito para ilustrar a maneira en que a música axuda a apoiar a acción da imaxe.

BLOQUE 2: FACENDO UNHA BANDA SONORA

Invitarase a varios nenos a subir ao escenario para empregar distintos instrumentos de percusión e proxectarase un fragmento de Hotel Transilvania. Cada neno deberá imitar co seu instrumento unha acción concreta que aconteza na secuencia. A actividade repítese invitando a todo o auditorio a acompañar un fragmento de Spiderman con efectos vogais e de percusión corporal.

BLOQUE 3: INTERACTUANDO COA MÚSICA

Os nenos terán que poñerse na pel de verdadeiros actores, para que entendan como a música pode alterar a nosa toma de decisións e como tamén co noso comportamento podemos provocar que a música mude ao ritmo das nosas accións.
Empregando elementos de atrezzo e un fondo de pantalla, recrearase unha escena da película Frozen. Os nenos deberán actuar mentres o grupo interpreta a música, que irá cambiando en función do que os nenos fagan.

BLOQUE 4: O CINE MUDO

Para rematar falarase do cine mudo e da especial relación que tiña coa música nas antigas proxeccións. Para ilustralo, visionarase unha versión reducida da curtametraxe animada de Felix Goes West coa que finalizará a sesión.

Evento

Cine Miúdo

9, 10 e 11 de maio / 11.00h

AUDITORIO TEATRO AFUNDACIÓN