Gala de inauguración

sección oficial de curtas galegas e lusófonas do festival Primavera do Cine en Vigo 2018

Abrimos a séptima edición do festival cunha gala baseada en dous contidos de especial relevancia: a entrega da mención honorífica a unha profesional do audiovisual galego e a proxección dun clásico do documentalismo brasileiro.

Este ano, queremos homenaxear a traxectoria de Chelo Loureiro, pola súa incidencia no actual panorama cinematográfico, especialmente no xénero da animación, e polo seu compromiso cos dereitos da muller e a dignificación da súa presenza no cine, tanto laboral como culturalmente.

Doutra banda, a relación do Primavera do Cine coa lusofonía vense consolidando coa súa presenza na sección oficial e coa aposta por adicar anualmente un espazo concreto a un “país invitado”. A cinematografía brasileira é a escollida neste ano poñendo o foco en filmes actuais e rescatando a algún autor de relevancia do pasado.

Por iso, a proxección da gala inaugural será un clásico dos imprescindibles: Cabra, marcado para morrer (Eduardo Coutinho, 1984); un dos autores fundamentais do moderno documentalismo, un referente da cinematografía de compromiso e un filme independente e vangardista.

Evento

Gala de inauguración

Mércores 9 de maio / 19.30h

AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO