Inferis

Director: Xaime Miranda
Ano: 2018
Duración: 05:14 min
Xénero: Alternative/Indie

No solsticio de verán os membros de Basan†a gozaron dun atardecer máxico, brindaron con viño, cantaron cancións esquecidas, brillaron o pop e as fadas. Tal foi a experiencia e a revelación daquel día que decidiron montar unha banda que dese voz á natureza.

Basan†a transpórtanos coa súa música a un imaxinario rico en mellotrones, afinacións abertas, fuzzs setenteiros, harmonías beatlenianas, ritmos frescos e actuais.

Os seus membros (Sol, Xofre, Sal, Terra e A Santa) forman algo máis que unha banda, unha tribo que se expresa a través das melodías que atopan o seu lugar nun equilibrio perfecto entre luz e escuridade. Cheas de trazos coloridos, forman un marco cromestésico para unhas letras que nos guían no seu ritual en cada concerto. Os 5 músicos que forman Basan†a, ocultos tras unhas intrigantes máscaras, van dando forma a un lisérxico universo ao que é moi tentador entrar e do que é difícil saír.

 

Proxección:

Venres, 11 de Maio, ás 22:00h no Espazo Mahou do Progreso 41 dentro da chamada “Festa dos Videoclips“.