O dedo na ferida

Director: Silvio Tendler
Ano: 2017
Duración: 92 min
Xénero: Documental

Este documental trata do fin do estado de benestar social e da interrupción dos soños dunha vida mellor para todos nun escenario onde a lóxica do capital financeiro inviabiliza calquera alternativa de xustiza social. Millóns de persoas peregrinan en busca de mellores condicións de vida, mentres o capital só aspira á concentración da riqueza en poucas mans. Neste escenario de tensións sociais, intelectuais loitan para transformar o mundo levantando temas como o fin dos dereitos sociais, o desemprego, o mercado e o resurximento de movementos extremistas.​

Premios:

19ª edición do Festival de Cinema do Rio:

  • Mellor documental.

Proxección:

Xoves, 10 de Maio ás 20:00 no Auditorio Municipal do Concello de Vigo.