Somos plaga

Director: Xiana do Teixeiro
Ano: 2017
Duración: 34 min
Xénero: Documental

Vivimos rodeados de pragas, todos eses organismos ós que non conseguimos someter e que, por algún motivo, non acaban de extinguirse. “Plaga” é un concepto político de dominación, relacionado con cuestións de orde, pertenza e control. Todo aquilo que non é subxugado, domesticado, explotado, é praga ou é susceptible de converterse en praga. E unha praga debe ser exterminada.

Coas opinións de Lynn Margulis, Yayo Herrero, Ken Thompson, Stefano Mancuso, Jorge Riechmann e Catia Faria, entre outras.

Proxección:

Domingo, 29 de Abril ás 20:00 na Sala Ingrávida de Porriño.