Sinopse

Recrutado ao seu pesar no exército angoleño aos quince anos, Vitorio é desmobilizado ao cabo de 20 anos de loita. Durante unha das súas últimas misións, pisa unha mina antipersoas e ampútanlle a perna. Ao cabo de meses de espera, consegue unha prótese coa que espera poder comezar unha nova vida. Só, desamparado, deambula polas rúas de Luanda en busca de traballo e da súa familia, da que non ten novas. Nesta cidade que só desexa esquecer a guerra, sometida á crecente chegada de refuxiados e todo tipo de penurias, Vitorio só atopa compaixón, burla ou indiferenza.

Zézé Gamboa / 97′ / 2004