Foi o promotor das Xornadas de Cine de Ourense de 1973 a 1978. Nomeado no ano 1983 Director Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, deseña unha política audiovisual baseada no apoio á produción cinematográfica e videográfica e á creación de numerosas infraestruturas que culminaron no Arquivo da Imaxe de Galicia. As XOCIVIGA nacen no ano 84 grazas a estas disposicións.