Sinopse

Entre finais dos anos 60 e principios do ano 2000, entre o Ourense rural e o Ourense urbano, transcorren as vidas de dúas familias unidas polo destino. Nunha pequena aldea, unha familia humilde prepárase para un gran acontecemento familiar. Nun piso, no centro da cidade, a tranquilidade dunha nai vese truncada polo desexo dunha das súas fillas de querer voar soa.

Máis ca Vida, pola súa banda, é o documental que recolle dende un enfoque realista e natural todo aquelo que de xeito indirecto contribuíu á creación da curtametraxe Vida.

Rubén Riós / 91′ / 2015