Sinopse

Tchinda Andrade é hoxe unha das mulleres máis amadas da illa de San Vicente, en Cabo Verde. No ano 1998 decide saír do armario, presentándose como trans a un semanario local. O seu nome tórnase entón na forma como as persoas queer pasan a ser designadas no seu país.

Tchinda ten agora 35 anos e vive de xeito humilde, vendendo polo seu barrio. Durante todo o ano, reina a calma, mais todo muda cando chega o Entroido. O mes que o precede, toda a illa se pon a traballar para da nada crear algo verdadeiramente abraiante.

Pablo García Pérez de Lara e Marc Serena / 94′ / 2015