Sinopse

No centro do mundo capitalista, cunha sociedade asolagada polo desemprego, a exclusión e o racismo, evidénciase cada vez máis a obsolescencia dun sistema que agoniza. As circunstancias supoñen un caldo de cultivo para a resurrección dun espírito de loita protagonizado por unha das comunidades historicamente máis afectadas pola desigualdade social, os afrodescendentes. Os únicos inmigrantes que non chegaron polo seu propio pé aos Estados Unidos. A comunidade negra aínda permanece sen saldar os ancestrais custos da escravitude.

Ana Laura Pereira e Eric Splinter / 32′ / 2015