ENTREVISTAMOS A SIMONE SAIBENE, DIRECTOR DE PELERINAXES

Pelerinaxes está baseado no libro de Otero Pedrayo

Pelerinaxes é unha longametraxe que mistura a ficción co documental e que está baseada na obra de Otero Pedrayo, Pelerinaxes I.

O libro conta o camiño que fixeron o propio autor xunto con Ben-Cho-Shey e Vicente Risco en 1927 dende Ourense ata San Andrés de Teixido e, no filme, é Luzía quen fai este mesmo traxecto.

Trátase, sen dúbida, dunha longametraxe chea de sentimento, de introspección (como o son tódalas peregrinacións) e onde  altérnase o traxecto da protagonista con entrevistas a diferentes homes e mulleres de referencia na cultura galega: Luis Martínez Risco, Laura Tato, Valentín Carrera, Alberto Allegue…

Simone Saibene fixo un traballo excepcional nesta obra coidando cada detalle, poñendo un agarimo moi especial en tódolos aspectos do filme é iso nótase a primeira vista. Cabe destacar unha banda sonora gravada en directo e composta por Ruxe-Ruxe MCarballo, Elena Domínguez e Miguel Álvarez.

Se queredes coñecer máis acerca de Pelerinaxes, non deixedes de ver a entrevista que lle fixemos ó seu director e animámosvos a que vexades a obra. Non ten desperdicio!

Deixe unha resposta