Entrevistamos a Emilio J. Fernández, produtor de Vigo 1972

O documental Vigo 1972 está dirixida por Roi Cagiao e producida por Emilio J. Fernández

En 1972 e en plena época franquista, Vigo decidiu facer a maior folga da historia de Galicia. Todo comezou co despido de cinco traballadores de Citröen por pedir que se rebaixasen a 44 as horas de traballo  e continuou cun parón laboral en toda a cidade e numerosas manifestacións que se alargaron máis de dúas semanas e nas que interviñeron toda a clase obreira de Vigo. Dende os traballadores dos estaleiros ata os operarios e operarias da fábrica Álvarez ou pequenas e medianas empresas…

Vigo 1972 é un documental dirixido por Roi Cagiao que narra todo isto. Trátase dunha obra que emociona e que che achega a un Vigo que loita, que se alza contra a ditadura e que consegue grandes avances para os traballadores.

O filme, que se estreou en octubre, arrasou nas salas de cine e agora está nomeada ó mellor documental nos Mestre Mateo. O festival Primavera do Cine, a través da súa entidade organizadora, Reencanto Produccións, tivo a sorte de participar no filme e axudar a que saíse adiante. Por iso non perdemos oportunidade de falar co seu produtor executivo, Emilio J. Fernández, sobre a película.

Deixe unha resposta