Os espectros do Tamberlick foron conxurados

Organizar unha proxección ao aire libre e con músicos en escena ante ameaza de choiva supón unha temeridade. Pero había que provocar aos elementos nun acto de xustiza poética.

Xosé Nogueira, coa sabedoría do historiador, invocou no seu discurso aos espectros do Tamberlick.

Contemplamos a maxia das vistas Lumière nunha viaxe no tempo de cento vinte anos. E comezaron a caer unhas pingas.

Os músicos avisaron de que se aumentaba a choiva terían que deixar de tocar para protexer os instrumentos e aparellos eléctricos.

Comezou a Viaxe á lúa de Méliès, mestre das fantasmagorías. Cando os científicos chegan á lúa, reciben unha choiva en forma de po de estrelas. Nese momento, en Vigo comezou a chover con máis intensidade. Os músicos, Caspervek Trío, nun alarde de profesionalidade e orgullo, seguiron tocando.

Cando os científicos chantan un paraugas na lúa e este crece coma unha seta, os paraugas comezaron tamén a abrirse na pequena praza.

Caspervek tocou ata o final, apurando a situación, e recibiu a ovación dun centear de persoas.

Todo gran grupo acaba dando un concerto baixo a choiva. Caspervek o fixo no solar dun cine mítico, que a pesar de ser derrubado segue vivo na memoria.

En efecto, esa noite os espectros do Tamberlick foron conxurados.

Alfonso Castaño

Deixe unha resposta