O cinema angolano, o grande protagonista deste venres no Primavera do Cine

  • Estarán presentes os cineastas angolanos Pocas Pascoal e Zézé Gamboa coas súas pezas ‘Alda e María. Por aquí tudo bem’ e ‘O Grande Kilapy’, respectivamente
  • A cita có cinema africano terá lugar no Auditorio Municipal a partir das 20.00 h
  • A xornada pechará ás 22.00 h coa Festa dos Videoclips que estará ubicada no Espazo Mahou da Rúa Progreso

O Festival Primavera do Cine de Vigo acolle este venres unha intensa xornada audiovisual no treito final da presente edición. Á tarde, no Auditorio Municipal do Concello, poderemos asistir a dous bloques de curtas lusófonas, ás 17.00 h e ás 18.30 h cada un dos pases. O prato forte do día comezará ás 20.00 h coa pequena homenaxe que a organización brinda ao cinema angolano. O mesmo espazo acollerá a visita dos directores Pocas Pascoal e Zézé Gamboa que proxectarán as súas pezas, Alda e María. Por aquí tudo bem e O Grande Kilapy, respectivamente. Ademais entre as 17.00 e as 19.40 está prevista a proxección de tres bloques de curtas galegas no Auditorio do Marco. O Instituto Camões será o esceario da animación con dous pases, previstos para as 18.00 e as 19.30 h. Os amantes da música poderán rematar a xornada de venres coa Festa dos Videoclips no Espazo Mahou, situado na rúa Progreso, número 41.

O CINEMA ANGOLANO

Alda e María. Por aquí tudo bem ás 20.00 h. Unha ficción de Pocas Pascoal (2011). En 1980, dúas irmás adolescentes que foxen da guerra en Angola chegan a Lisboa, onde terán que aprender a valerse por si mesmas. Esta directora é unha cineasta nacida en Luanda, de país mestizos angolano-portugueses. O seu periplo vital ven marcado polo exilio provocado
pola guerra. O seu filme ten unha clara vontade
autobiográfica, indaga nunha temática común a doutros artistas angolanos: a procura da identidade, persoal e cultural, a superación da pobreza (ou mesmo da miseria) e as feridas dunha guerra que semella interminable.

Proxección de O grande Kilapy, ás 22.00 h, a proposta de Zézé Gamboa (2012). João Fraga é un mozo de Angola, descendente dunha rica familia do período colonial. Este mozo mestizo só quere vivir a súa vida, divertirse cos seus amigos e gastar os seus cartos. Aínda que é o Executivo Senior do Banco Nacional de Angola, desvía os fondos da institución para distribuír o diñeiro a colegas e activistas da liberación de Angola. João vai a prisión, pero cando sae é considerado un heroe polos locais. Zézé Gamboa está considerado como un dos máximos representantes do actual cine angolano, gañandose tamén o prestixio de “autor de culto” pola repercusión internacional dos seus filmes. Nace en Luanda no ano 1955. A súa vinculación co audiovisual comeza nos anos setenta, dirixindo noticiarios da Televisión Pública de Angola. Posteriormente, fórmase como enxeñeiro de son en París, traballando en filmes da industria portuguesa. Durante os anos noventa dirixe unha serie de curtametraxes e documentais ata que no ano 2004 dirixe a longametraxe de ficción O Heroi, premiada no festival de Sundance na categoría World Dramatic Competition.

FESTA DOS VIDECOCLIPS

Ás 22.00 h os amantes da nosa música teeñen unha nova cita no espazo Mahou de Progreso, 41. Os mellores traballos audiovisuais da música galega terán o seu certame no noso festival.

Deixe unha resposta