Mostra cinematográfica: 120 anos de cine en Vigo

Neste ano 2017 cúmprense 120 anos da primeira proxección cinematográfica na cidade de Vigo, que tivo lugar no desaparecido Teatro-Circo Tamberlick o 29 de abril de 1897. Vigo constituíase así nunha das cidades punteiras na exhibición cinematográfica denotando o seu crecente pulo socio-económico e a súa condición de cidade moderna, preparada para afrontar os retos industriais e culturais do prometedor século XX.

O Festival Primavera do Cine, na súa sexta edición, consolidado como o principal evento cinematográfico da nosa cidade, quere lembrar este acontecemento a través dunha homenaxe onde se reivindique o papel de Vigo como referente da modernidade e da cultura a través do cine e se recorde a importancia que tivo un lugar tan emblemático como foi o Teatro-Circo Tamberlick para a nosa memoria colectiva.

Como parte parte da homenaxe, desde o festival propoñemos unha mostra de vistas cinematográficas ao estilo das elaboradas polos operadores dos irmáns Lumière. Con esta actividade pretendemos vencellar o pasado, o presente e o futuro do noso cine, visibilizando o labor das escolas de medios audiovisuais e dos seus estudantes, e reivindicando o papel que cumpriu e segue a cumprir a cidade de Vigo como plató cinematográfico. Podedes accedes ás bases de participación pinchando aquí.

Deixe unha resposta