
A Master Class consistirá en abordar a produción dun filme de animación dende o primeiro paso, a planificación e elaboración do proxecto, ata a consecución do produto final. Dende a súa experiencia, Alberto Vázquez partirá do exemplo dos seus propios traballos premiados recentemente nos Goya: a curtametraxe Decorado e a longametraxe Psiconautas.
INFORMACIÓN
Imparte: Alberto Vázquez.
Dirixido a: profesionais da animación e da banda deseñada, debuxantes, ilustradores, produtores audiovisuais e cinéfilos interesados na animación.
Duración: 1h 30′
Lugar: Auditorio do Concello de Vigo.
Data: Sábado 13 de maio.
Horario: de 11:30 h. a 13 h.
Prezo: 15 €
Inscricións: info@primaveradocine2017.dev.cc
Prazas limitadas
TEMARIO E DESCRICIÓN DA ACTIVIDADE
1. Proceso de animación en Psiconautas.
2. Como traballar de manera independente no ámbito da animación.
3. Traballo desenvolvido en Decorado.
4. Como planear e executar proxectos de animación.