Seguidamente compartimos a información relativa aos prezos, bonos e actividades de balde. En canto ao horario, podedes descargalo en formato pdf Horario Primavera do Cine 2017.

PREZOS ENTRADAS

  • LONGAMETRAXES: 3,5 €
  • BLOQUE DE CURTAMETRAXES: 2,5 €
  • GALA DE INAUGURACIÓN: 4 €
  • GALA DE ENTREGA DE PREMIOS: 5 €
  • VIDEOCLIPS: 3 €
  • MASTERCLASS ALBERTO VÁZQUEZ: 15 €
    Sábado 13. No Auditorio Municipal do Concello ás 12 h.

PREZOS BONOS

  • BONO FAN: 25 € + Camiseta de regalo (en función da disponibilidade de tallas)
    Da dereito a pasar a todas as sesións e ás galas de Inaugación e Entrega de Premios
  • BONO 5: 10 €
    3 entradas Bloques de Curtametraxes + 2 entradas Longametraxes
  • BONO Parella: Se mercas 2 entradas regalámosche unha entrada tanto para asistir a pases de Longametraxes como de Curtametraxes

***** Entradas e bonos á venda nas nosas sedes do festival****

ACTIVIDADES DE BALDE

  • 120 ANOS DE CINE EN VIGO
    Sábado 29. No antigo Tamberlick (rúa Eduardo Iglesias, 8) ás 21:30 h.
  • TARDE DE SWING ON. Clase aberta+Concerto
    Sábado 6. Detrás do MARCO ás 20 h.
  • HOMENAXE XOCIVIGA
    Sábado 6. No Auditorio do Marco ás 11:30 h.
  • PRESENTACIÓN DO CADERNO “NOVO CINEMA GALEGO” con Víctor Paz e Ángel Santos
    Sábado 13. No Auditorio do MARCO ás 12:30 h.
  • PRESENTACIÓN DE PROXECTO E EXHIBICIÓN DE FILMES DE WAKA FILMS
    Sábado 6. No Auditorio Municipal do Concello. Ás 12 h.

6 Comments

  • EMILIO GARCIA CREGO dice:

    Donde podo mercar as entradas?

    • Equipo de comunicación dice:

      Boas, Emilio,
      ao longo desta semana sacaremos á venda os bonos. As entradas soltas, pódense mercar nas mesmas sedes antes das proxeccións.
      Un saúdo 🙂

  • Cecilia dice:

    Boas,
    Van poder mercarse entradas soltas por anticipado?

  • Cecilia dice:

    Boas,
    No PDF da programación a sesión no Tamberlick aparece as 21:30h. Na contra na web aparece as 20h

    • Equipo de comunicación dice:

      Ola Cecilia,
      revisamos os horarios e teñen os dous as 20.00. En que parte ves o das 21.30?
      En canto ás entradas, o único que se pode mercar de xeito anticipado é o bono (entre o 26 e o 29 haberá un desconto). Iso si, nas sedes tamén poderás mercar entradas para sesións posteriores.
      Moitas gracias polo interese.

      • Equipo de comunicación dice:

        Ola de novo Cecilia,

        finalmente, a sesión do Tamberlick si que será ás 21:30 h. Tiñas razón, xa modificamos os horarios.
        Desculpa as molestias e moitas gracias. Agardamos verte alí 😉

Deixe unha resposta