Seguidamente compartimos a información relativa aos prezos, bonos e actividades de balde. En canto ao horario, podedes descargalo en formato pdf Horario Primavera do Cine 2017.
PREZOS ENTRADAS
- LONGAMETRAXES: 3,5 €
- BLOQUE DE CURTAMETRAXES: 2,5 €
- GALA DE INAUGURACIÓN: 4 €
- GALA DE ENTREGA DE PREMIOS: 5 €
- VIDEOCLIPS: 3 €
- MASTERCLASS ALBERTO VÁZQUEZ: 15 €
Sábado 13. No Auditorio Municipal do Concello ás 12 h.
PREZOS BONOS
- BONO FAN: 25 € + Camiseta de regalo (en función da disponibilidade de tallas)
Da dereito a pasar a todas as sesións e ás galas de Inaugación e Entrega de Premios - BONO 5: 10 €
3 entradas Bloques de Curtametraxes + 2 entradas Longametraxes - BONO Parella: Se mercas 2 entradas regalámosche unha entrada tanto para asistir a pases de Longametraxes como de Curtametraxes
***** Entradas e bonos á venda nas nosas sedes do festival****
ACTIVIDADES DE BALDE
- 120 ANOS DE CINE EN VIGO
Sábado 29. No antigo Tamberlick (rúa Eduardo Iglesias, 8) ás 21:30 h. - TARDE DE SWING ON. Clase aberta+Concerto
Sábado 6. Detrás do MARCO ás 20 h. - HOMENAXE XOCIVIGA
Sábado 6. No Auditorio do Marco ás 11:30 h. - PRESENTACIÓN DO CADERNO “NOVO CINEMA GALEGO” con Víctor Paz e Ángel Santos
Sábado 13. No Auditorio do MARCO ás 12:30 h. - PRESENTACIÓN DE PROXECTO E EXHIBICIÓN DE FILMES DE WAKA FILMS
Sábado 6. No Auditorio Municipal do Concello. Ás 12 h.
Donde podo mercar as entradas?
Boas, Emilio,
ao longo desta semana sacaremos á venda os bonos. As entradas soltas, pódense mercar nas mesmas sedes antes das proxeccións.
Un saúdo 🙂
Boas,
Van poder mercarse entradas soltas por anticipado?
Boas,
No PDF da programación a sesión no Tamberlick aparece as 21:30h. Na contra na web aparece as 20h
Ola Cecilia,
revisamos os horarios e teñen os dous as 20.00. En que parte ves o das 21.30?
En canto ás entradas, o único que se pode mercar de xeito anticipado é o bono (entre o 26 e o 29 haberá un desconto). Iso si, nas sedes tamén poderás mercar entradas para sesións posteriores.
Moitas gracias polo interese.
Ola de novo Cecilia,
finalmente, a sesión do Tamberlick si que será ás 21:30 h. Tiñas razón, xa modificamos os horarios.
Desculpa as molestias e moitas gracias. Agardamos verte alí 😉