O Festival presenta o cartel da quinta edición

  • O cartel, de estética actual e moi colorida, incide no concepto de primavera como símbolo de cambio e movemento.
  • A seis días do peche da recepción de películas, o festival xa supera as cen participacións.

Esta mañá a organización do Festival Primavera do Cine recibiu aos medios no centro Forma Coworking para presentar o cartel oficial da quinta edición e proxectar o novo vídeo promocional. A nova imaxe, deseñada por Raúl Bermúdez e Juan Blanco de Chachachá Studio, destaca pola súa atractiva gama de colores e a presenza de flores autóctonas como alegoría da galeguidade.

Juan de Castro, director do festival, informou da inclusión de obras en lingua portuguesa na lista de candidatas aos premios das tres seccións oficiais: longametraxes, curtas e videoclips.

Así mesmo, salientou a ampliación dos días de exhibición e as sedes, que se estenden das xa habituais (Auditorio Municipal, Instituto Camões e Marco) ao Liceum de O Porriño, ao Charentón e ás asociacións veciñais da zona. E é que, a pesar da falta de apoio institucional, o festival négase a deixar de medrar.

Deixe unha resposta