Sinopse

María, unha cidadá ucraína, é detida á súa chegada a Faro, Portugal, a pesar de ter un visado de turista en regra. Esgotada e desexosa de ver ao seu marido, María enfróntase ao engorroso proceso de ser interrogada pola policía. A película, baseada nun feito real, convértese aos poucos nun pesadelo cando os axentes de inmigración decátanse de que o home que espera a María no aeroporto é de nacionalidade senegalesa.

Sérgio Tréfaut / 75′ / 2011

Premios

  • Festival de Cine de Coimbra 2012: mellor película e actriz secundaria
  • Festival de Xixón: premio do público