Sinopse

Luzía, unha investigadora licenciada en audiovisual, percorre as oito etapas da ‘pelerinaxe’ que fixeron Otero Pedrayo, Vicente Risco e Ben-Cho-Shey a pé dende Ourense cara a San Andrés de Teixido no 1927; relato da viaxe publicado no libro Pelerinaxes I. Fai esta viaxe coa intención de rematar un proxecto audiovisual empezado na universidade sobre o libro de Otero Pedrayo, xunto a outro compañeiro morto hai anos nun accidente.

Simone Saibene / 74′ / 2016