Sinopse

En 1992, a construción do embalse de Lindoso (Portugal) anegou para sempre as aldeas de Aceredo e Buscalque (Ourense). Os seus habitantes nada puideron facer para salvar as súas terras nin os seus fogares. Sabendo que todo estaba a punto de perderse, varios veciños colleron as súas cámaras domésticas e comezaron a gravar. As súas imaxes, gravadas desde mediados dos años 60, constitúen un valioso documento histórico e etnográfico, filtrado pola subxectividade e as vivencias familiares.

César Souto Vilanova e Luis Avilés Baquero / 87′ / 2015

Premios

  • Mellor documental nos Mestre Mateo 2016