Gala de inauguración

VENRES 5, 19:00H · AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO

Este ano, a gala de inauguración coincide co Día da Lingua Portuguesa. Contaremos, por tanto, coa presenza e participación da directora do Instituto Camões e do Vicecónsul de Portugal en Vigo.

Proxectaremos o documental Lingua. Vidas em portugues, dirixido por Victor Lopes en 2002: unha visión social e antropolóxica da incidencia do idioma portugués en persoas que habitan en distintos países do mundo. A película contén unha entrevista ao premio nobel de literatura Jose Saramago.

Durante a gala, conducida polo noso presentador Kevin Dániel di Angelo, disfrutaremos dunha actuación especial do grupo de teatro do Instituto Camoes en Vigo e farase entrega da mención honorífica deste ano ao actor Antonio Durán “Morris”.