Sinopse

Dodu é un raparigo moi sensible e vive nunha cidade hostil para os nenos. Por iso pasa moitas horas dentro da casa xogando con Carica, a súa amiga xoaniña. Cada vez que Dodu rasca a superficie do cartón, crea mundos marabillosos habitados por criaturas singulares que o axudan a lidar coas súas emocións e medrar.

José Miguel Ribeiro / 5′ / 2010

Premios

  • Festival Internacional de Cinema de Animación «Krok» de Sebastopol, Ucraína