Cine miúdo

A actividade consiste na proxección de curtametraxes de comezos do século XX, dirixida a nenos de infantil e primaria, musicalizadas en directo por Caspervek Trío, agrupación instrumental formada en Vigo en 2013 que trata de achegar a música a distintas disciplinas artísticas, conxugando elementos visuais e sonoros.

Unha das principais facetas do trío é a composición e musicalización en directo de películas clásicas do cine mudo, así como proxectos de creación audiovisual contemporánea e concertos didácticos

A ACTIVIDADE

Bloque 1

Toma de contacto co cinema mudo. Os músicos interactúan cos nenos ligando música e imaxe.

Proxección: Les Kirike

Alarde equilibrista, de 1908, é un dos filmes stop motion máis coñecidos realizado por Chomón, e baséase en tomas cenitais para finxir números de circo.

Bloque 2

Emprego de diversos instrumentos de percusión para que os propios nenos no escenario experimenten a composición dunha banda sonora para o filme The Champion (Charlot Boxeador, 1915)

Proxección: Felix goes west , 1924

Bloque 3

Despois dunha imitación por parte dos nenos de Charlot, se proxectarán as últimas curtametraxes:

The goat Buster Keaton, 1921

Oswald goes to China 1931