Sinopse

O filme xurde do desexo de Estévez Piña de facer unha reportaxe sobre a Romería de Santa Marta de Ribarteme, no Concello das Neves. A celebración móvese entorno a uns rituais relixiosos onde se fai unha exhortación á morte coa súa célebre procesión de cadaleitos de vivos. O que comeza como unha reportaxe xornalística, convértese nun imprescindible e ácido documental etnográfico sobre a realidade do seu tempo.

Alberto Estévez Piña / 18′ / 1974