Faro sin isla

Cristóbal Arteaga

Longametraxe galega
Ficción 2014 85
Castelán,Sen diálogos
Produción Intricate Productions

Sinopse

O faro é de 1967, pero ten varias reformas, porque o mar o oxida todo. Está nunha pequena illa e ten os mesmos anos que Félix Bacigalupo (Lois Soaxe), un mecánico da Mariña en profunda crise persoal, que chega alí para purgar a súa culpa, responsable como se sente dun triste episodio da súa vida. Home moi relixioso, acomete a súa autoimposta penitencia retirándose do mundo. Cando os seus dous novos compañeiros de traballo desaparecen, o taciturno Félix vese terriblemente só. Naquela misteriosa illa mínima só moran el e o seu Deus, co que tarde ou cedo deberá axustar contas. O atormentado fareiro busca cada vez maior refuxio na relixión, ata o extremo de non poder discernir entre a realidade e as fantasmagorías da súa mente. O sentimento de culpa e a soidade oxídano e corroen todo, como o mar. Cristóbal Arteaga (O triste olor da carne), novo cineasta chileno afincado en España, coquetea co realismo máxico neste filme que versa sobre a nosa relación coa fe, tan inexpugnable como fráxil.

Proxección

Martes 2 20:00
Auditorio do Concello