Sinopse

Álvaro, tras fuxir de si mesmo durante dez anos, regresa ao seu pobo, unha pequena aldea de Galicia, para asistir ao enterro do seu pai. Alí tentará reconciliarse co seu irmán e recuperar á súa filla Mar. Todo se complica cando Álvaro atopa a unha muller morta na estrada. É Lida, unha prostituta moi amiga de Mar. Álvaro, que teme pola seguridade da súa filla, comeza a investigar, destapando os trapos sucios dun pobo no que nada é o que parece e onde todos teñen algo que esconder.

Luis Avilés / 100′ / 2010