Sinopse

En febreiro de 2008, a familia de Carmen e Toño recibe un sorprendente correo electrónico. Nel, un familiar emigrado volvíase poñer en contacto con eles tras corenta anos de silencio. Trátase do fotógrafo e artista plástico Baldomero Pestana, que acaba de voltar a Galicia e de instalarse en Castroverde. Entre cartas, libros, música, negativos e longas conversas, Carmen, Toño e Baldo van revelando toda unha vida e outorgándolle un novo significado á luz da fotografía e a pintura.

Andrea Vázquez / 60′ / 2015