Sinopse

O “Den Pobedy” (Día da Vitoria) é un dos días máis importantes na maioría das ex-repúblicas soviéticas. Ten lugar o 9 de maio e nel conmemórase a vitoria da U.R.S.S. sobre a Alemaña nazi na Grande Guerra Patriótica (1941-1945). Kalinichenko Vasily Porfirievich combateu no 3º Fronte Ucraíno e no 1º Fronte Bielorruso do Exército Roxo. Coma membro do 226º Rexemento de Infantería, entrou en Berlín o 22 de abril de 1945. Este documental trata sobre a guerra, sobre el e a súa familia.

Alberto Lobelle / 38′ / 2015