Sinopse

Quintino Na Pana é un mozo guineano de 29 anos, con cinco fillos. Profesor de educación física no instituto de secundaria e estudante na facultade, sofre cos sucesivos atrasos do seu soldo. Aínda así, e por cuarto ano consecutivo, vai percorrer en bicicleta máis de mil quilómetros até Mauritania baixo o lema “África bendicida”. Este é o relato da loita de Quintino que, ao igual que tantos outros mozos guineanos, mesmo sen apoios logra pedalear por 4 países do continente africano só coa intención de promover a paz e dar visibilidade aos atletas africanos e ás dificultades que afrontan para acadar os seus soños.

Aminata Embaló / 52′ / 2014