Gala de inauguración

Abrimos a oitava edición do festival cunha gala ao aire libre baseada en dous contidos de especial relevancia: a entrega da mención honorífica a un profesional do audiovisual galego e a proxección dun clásico do documentalismo brasileiro.

Este ano, queremos homenaxear a Manolo González, pola súa incansable labor en favor do cinema e a historia audiovisual galega, polas súas labores didácticas sempre co fin de dar a coñecer o cine galego e polo apoio que ofrece ás novas xeracións.

Doutra banda, a relación do Primavera do Cine coa lusofonía vense consolidando coa súa presenza na sección oficial e coa aposta por adicar anualmente un espazo concreto a un “país invitado”. A cinematografía brasileira é a escollida neste ano poñendo o foco en filmes actuais e rescatando a algún autor de relevancia do pasado.

Por iso, a proxección da gala inaugural será o documental No Intenso Agora de João Moreira, que narra, con arquivo de imaxes, os eventos de Maio do 68 en París, a Primavera de Praga e a Chinesa comunista de Mao.

Evento

Gala de inauguración do Festival e entrega da mención honorífica a Manolo González

Mércores 1 de maio / 21.00h
CALVARIO (Rúa Urzáiz 162 / Fronte o mercado)